
26 Xuñ A formación especializada “A xestión da RSE. Asignatura pendente” rematou o 15 de xuño
A formación especializada “A xestión da RSE. Materia pendente” finalizou o pasado sábado, 15 de xuño, cunha sesión networking, que se desenvolveu nas instalacións da RSE Innolab galega, situada na Confederación de Empresarios de Pontevedra (Vigo).
Neste último día do curso o público asistente puido coñecer a experiencia en materia de responsabilidade social empresarial da empresa GRUPO S4 de Vigo.
De man de Jessica Fernández os alumnos e as alumnas tiveron a oportunidade de coñecer todos os aspectos de xestión da RSE desta organización empresarial.
Como aspecto fundamental, destacouse a importancia de que a Dirección Xeral e persoas socias crean e defendan unha maneira de facer empresa que destaca polo seu valor engadido á sociedade no social, o medio ambiental e no económico.
Ademais, recalcou a importancia do papel da comunicación neste ámbito de xestión.
O curso “A xestión da RSE. Materia pendente” comezara o pasado 8 de maio.