A sesión networking “Pasos a seguir para implantar a RSE e como comunicala: A norma SGE21” celébrase o venres, 27 de setembro

A RSE Innolab galega, oficina de asesoramento ás empresas en materia de Responsabilidade Social Empresarial, acolle o venres, 27 de setembro, a sesión networking Pasos a seguir para implantar a RSE e como comunicala: A Norma SGE 21. O público asistente coñecerá a experiencia da empresa Emociacción da Coruña.

Concretamente, a súa responsable de Calidade e RSE, Alexandra del Castillo Llamosas fablará de Coherencia: As organizacións orientadas ó servizo das persoas deben comezar polo compromiso coas persoas.

Para acudir, é necesario inscribirse a través do enlace. A asistencia é de balde.

A actividade será un resumo do curso Pasos a seguir para implantar a RSE e como comunicala, que se iniciou o pasado 9 de setembro e que finaliza o propio venres, 27.

A cita é de 16 a 21 horas, nas instalacións da Confederación Empresarial de Pontevedra (Vigo).