En marcha a formación “A xestión da RSE. Asignatura pendente”

Xa está en marcha a Formación especializada. A xestión da RSE. Asignatura Pendente, que se desenvolve nas instalacións da RSE Innolab galega, ubicada na Confederación de Empresarios de Pontevedra (Vigo).

O curso comezou o pasado 8 de maio e finaliza o 15 de xuño. O alumnado está a coñecer cales son as ferramentas de xestión da responsabilidade social empresarial ( GRI, SA 8000, AA 1000, SGE 21, ISO 26000, IQNet SR 10). Por outra banda, están a descubrir o contido das auditorías de RSE. Outro dos alicerces importantes desta formación especializada é a xestión da relación cos clientes, os traballadores, os provedores e a contorna da empresa. O curso incide tamén en como debe ser a relación coa competencia e coa Administración. Cabe destacar tamén que o alumnado descubriu a Carta Europea da Seguridade Viaria. Fíxoo da man de Abelardo Martínez Meis.