Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Formación especializada. A xestión da RSE. Materia pendente

8 Maio - 4:00 p.m. / 15 Xuño - 9:00 p.m.

Persoas destinatarias:

Todos os colectivos da empresa.

Alcance:

Acercar ás empresas o coñecemento das ferramentas actuais de xestión da RSE e a importancia do seu dominio e aplicación na empresa.

Bases fundamentais:

  • Introdución de conceptos técnicos e funcionais de cada norma
  • Proposta de traballo práctico para cada empresa

Índice:

1. Contexto e iniciativas de mellora da xestión da RSE

2. Ferramentas de xestión da RSE (GRI, SA 8000, AA 1000, SGE 21, ISO 26000, IQNet SR 10). Acercamento ás auditorías de RSE

3. Responsabilidade da alta dirección

4. A xestión da relación con:

  • Clientes
  • Traballadores (persoas que integran a organización)
  • Provedores
  • Contorno social (comunidade)
  • Contorno ambiental
  • Investidores
  • Competencia
  • Administración

13. Conclusións

Dinámicas asociadas a cada contido (as dinámicas intercalaríanse entre o transcurso da experiencia co contido teórico):

1. Laboratorios internacionais de RSE

2. Visitadores RSE a empresas

3. Dinámica do espello

4. Brainstorming de demandas e necesidades atendidas desde cada un dos grupos de interese. Rexistro de evidencias. Reflexión de razóns asociadas

5. Brainstorming de demandas e necesidades non atendidas desde cada un dos grupos de interese. Rexistro de evidencias. Reflexión de razóns asociadas

6. Teléfonos estragados. A RSE ten interferencias

7. Asemblea de colectivos RSE (dinámicas de escoita activa)

8. Declaración de intencións

Bloque en liña:

Escoller entre:

1. Escolle unha das ferramentas de xestión de RSE e elabora un traballo baseado en:

  • Análise dos puntos fortes e febles da ferramenta con criterio razoado.
  • Aspectos por engadir, suprimir e modificar da ferramenta elixida con criterio razoado.
  • Forma de presentación da nova ferramenta xerada tras a súa análise e modificación. Por exemplo: presentación Power Point, Prezi, vídeo…

2. Deseña e elabora unha entrevista a un xerente, e estrutúraa desde os aspectos tratados na parte teórica. Tras a elaboración da entrevista, analiza os aspectos traballados desde a xestión da RSE, para extraer o grao de cumprimento/alianza cos principios de responsabilidade da alta dirección.

3. Escolle un dos grupos de interese (entre traballadores, clientes, provedores, comunidade…) e elabora un decálogo de principios que aplicarías desde a RSE para xestionar a relación establecida cun deles.
Apoia este traballo de:

  • Un razoamento do seu deseño.
  • Deseño dunha entrevista e a súa aplicación a persoas vinculadas a ese grupo de interese para recoller a súa opinión acerca da pertinencia do decálogo.
  • Análise das propostas recollidas.

Duración:

CARTEL_MATERIA-PENDENTE_RSE INNOLABS

Datas previstas:

  • Mércores 8 de maio de 16h a 21h
  • Mércores 15 de maio de 16h a 21h
  • Venres 24 de maio de 16h a 21h
  • Sábado 25 de maio de 09h a 14h
  • Venres 31 de maio de 16h a 21h
  • Sábado 1 de xuño de 09h a 14h
  • Venres 14 de xuño de 16h a 21h
  • Sábado 15 de xuño de 09h a 14h

Detalles

Comezo:
8 Maio - 4:00 p.m.
Remate:
15 Xuño - 9:00 p.m.

Recinto

Instalacións da Confederación de Empresarios de Pontevedra
36201 Spain + Google Map
Teléfono:
+34 664 607 330