Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Formación especializada. Entende a RSC e elabora o plan de acción da túa organización

10 Abril - 4:00 p.m. / 4 Maio - 2:00 p.m.

Persoas destinatarias:

Persoas con responsabilidade nalgunha das dimensións da RSE da empresa: responsables e técnicos de RSE / marketing e comunicación/ RRHH / medio natural, así como todas as persoas interesadas en coñecer as implicacións que este concepto empresarial supón para xestión e as relacións da empresa coa sociedade.

Alcance:

Obter os coñecementos e as claves necesarias para incorporar na xestión de calquera empresa ou organización os criterios de responsabilidade social empresarial (RSE).

Contidos e dinámicas:

1. A RSE (5 h)

  • Que é a RSE? Orixes e evolución
    Dinámica: exemplos de empresas responsables
  • Riscos e oportunidades
  • Normativa e tendencias lexislativas
  •  Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable e Pacto Mundial
    Dinámica: integración dos ODS nas nosas organizacións

2. A importancia do enfoque estratéxico

  • Enfoque estratéxico
    Dinámica: exercicio práctico
  • Identificación do estado actual
  • Comunicación e compromiso interno
    • A importancia de establecer límites e marcos de referencia

3. Identificación de grupos de interese e asuntos clave

  • Identificación de GGII
    Dinámica: exercicio práctico
  • Identificación de tendencias do sector
  • Comunicación cos grupos de interese
  • Identificación dos asuntos materiais e priorización
    Dinámica: exercicio práctico

4. Xeración de valor compartido

  • Alianzas público-privadas
    Dinámica: caso práctico
  • Innovación social
    Dinámica: caso práctico

5. Elaboración do plan de acción e seguimento

  • Identificación de obxectivos estratéxicos e planificación temporal
  • Deseño de accións para alcanzar os obxectivos
  • Xeración de indicadores de seguimento
  • Asignación de responsables e orzamentos
    Dinámicas: exercicios prácticos

6. Ferramentas da RSE

  • Ferramentas de comunicación
    Dinámica: brainstorming de ferramentas de comunicación
  • Ferramentas de xestión
    Dinámica: selección das ferramentas máis adecuadas

7. Casos de éxito

  • Casos de éxito locais e rexionais
  • Casos de éxito de empresas multinacionais
  • Casos de éxito de organización do terceiro sector

8. Comunicación externa e interna

  • Normas e estándares de verificación da RSC
  • Plan de comunicación
  • Rendición de contas: a memoria de sustentabilidade segundo o estándar GRI
    Dinámica: exercicios prácticos

9. Conclusión e posta en común.


Traballo práctico

  • O alumnado desenvolverá o plan de acción de RSE dunha organización real que incluirá un mapeo de grupos de interese, análise de materialidade, desenvolvemento de alianzas, benchmarking de competidores etc., apoiado polos contidos das clases prácticas así como pola información proporcionada na formación en liña.

Duración:

Bloque presencial: 40 horas.
Bloque en liña: formacion.gemcat.eu

CARTEL_ENTENDE_RSE INNOLABS

Datas de realización:

  • Mércores 10 de abril de 16h a 21h
  • Mércores 17 de abril de 16h a 21h
  • Xoves 25 de abril de 16h a 21h
  • Venres 26 de abril de 09h a 14h
  • Sábado 27 de abril de 09h a 14h
  • Vernes 3 de maio de 09h a 14h y 16h a 21h
  • Sábado 4 de maio de 09h a 14h

Detalles

Comezo:
10 Abril - 4:00 p.m.
Remate:
4 Maio - 2:00 p.m.

Protagonista

RSE Innolab
Teléfono:
+34 664 607 330
Correo electrónico:
rseinnolab-g@gemcat.eu

Recinto

Instalacións da Confederación de Empresarios de Pontevedra
36201 Spain + Google Map
Teléfono:
+34 664 607 330