Nova formación a partir do 13 de setembro: RSE, motor rentable de cambio

Xa podemos avanzar os detalles do segundo curso ao que podes asistir na RSE Innolab galega durante o mes de setembro.

Concretamente impartirase a formación RSE: motor rendible de cambio desde o venres 13 e ata o sábado 28. Será unha oportunidade para que a túa empresa adquira novos coñecementos en materia de conciliación, igualdade, felicidade…

A actividade forma parte do proxecto Xeración de Emprego de Calidade Transfronteirizo ( GEMCAT) liderado pola Xunta de Galicia. A inscrición é totalmente gratuíta e podes realizala a través deste enlace.

Agardámoste nas instalacións da Confederación de Empresarios de Pontevedra (Vigo)!

Lembra que… se non podes asistir, ofrecémosche a posibilidade de seguirnos por videoconferencia! Os detalles,  aquí.