O curso “A RSE como cuarto pilar da xestión empresarial” finalizou a parte presencial cunha sesión networking de intercambio de experiencias

O primeiro curso especializado que se imparte na oficina de RSE Innolab galega, A RSE como cuarto alicerce da xestión empresarial, finalizou a súa parte presencial cunha sesión networking, á que acudiu o seu alumnado e outras empresas interesadas na responsabilidade social empresarial.
O último día da formación consistiu nunha sesión networking, que se celebrou o pasado 26 de abril en horario de tarde
Peregrinaxe pola RSE, é o título desta actividade, na que o público asistente puido coñecer de preto a experiencia en responsabilidade social empresarial da axencia de viaxes  Tee Travel, de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
Ademais, o alumnado participou en un café networking, no que puideron intercambiar experiencias en materia de responsabilidade social empresarial.