O venres, 31 de maio, visitan a RSE Innolab as dúas únicas empresas galegas co selo B Corp

A oficina RSE Innolab galega despide o mes de maio cunha nova actividade dirixida a todas as empresas.

O venres, 31 de maio, visítannos as 2 ÚNICAS EMPRESAS GALEGAS que ostentan o selo B Corp.

Pan do Mar de Conservas Antonio Pérez Lafuente (Vilanova de Arousa) e Espazo Arroelo (Pontevedra) acompañarannos para compartir o que implica alcanzar este distintivo. A sesión comeza ás 17 horas nas instalacións da Confederación de Empresarios de Pontevedra (Vigo).

A actividade é gratuíta e forma parte do curso A xestión da RSE. Materia Pendente.