Os días 9 e 11 de xullo a RSE Innolab celebra os primeiros almorzos temáticos para empresas interesadas en responsabilidade social empresarial

Coa chegada do verán a oficina RSE Innolab galega dinamiza a súa actividade.

A segunda semana do mes de xullo celebrar os primeiros almorzos temáticos de RSE, que se van celebrar en TREND CAFÉ, ubicado en A Coruña.

Esta actividade é de carácter gratuito para todas as empresas interesadas en ampliar a súa formación en materia de responsabilidade empresarial.

Ademais as empresas terán liberdade para decidir se se quedan toda a mañá na actividade.

O primeiro dos almorzos leva por título RSE para novat@s: Que é a RSE y que non? A importancia do enfoque estratéxico. Será o martes, 9 de xullo de 9 a 14 horas.

Programa:

9:00-9:15 Recepción
9:15-10:15 Presentación da formación
Que é a RSE? Integración na estratexia empresarial.
Ana Rodríguez Vázquez (Docente).
10:15-11:00 Café networking
11:00-14:00 Formación práctica en RSE: A importancia da planificación estratéxica na RSE.

As empresas interesadas en acudir deben inscribirse a través do seguinte enlace.

O segundo dos almorzos, Marcando o camiño cara a unha nova economía circular, vaise celebrar o xoves, 11 de xullo.
Programa:

9:00-9:15 Recepción
9:15-10:15 Presentación da formación
Economía Circular aplicada á empresa: rexenerativa por deseño.
Ana Rodríguez Vázquez (Docente).
10:15-11:00 Café networking
11:00-14:00 Formación práctica en Economía Circular: Principios e características da economía circular.

Neste caso, as inscripcións deben realizarse aquí.