PRESENTACIÓN

Que é RSE-Innolabs?

É unha oficina de apoio en materia de responsabilidade social empresarial enmarcada no proxecto POCTEP GEMCAT “Xeración de Emprego de Calidade Transfronteirizo” impulsado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.


A través desta oficina proporcionaranse solucións concretas aos desafíos da RSE e a súa posterior translación ao marco normativo de apoio. Para iso, designarase persoal técnico especializado en materia de RSE que se encargará de:

  • Ofrecer servizos de apoio, difusión e asesoramento en RSE a todas as empresas implicadas na materia.
  • Mentorizar empresas que estean interesadas en establecer un plan de acción e implantar medidas neste ámbito.
  • Recompilar e estudar innovacións e boas prácticas de éxito en implantación de medidas de RSE co obxectivo de promovelas e estudar a súa implantación en empresas do ámbito territorial do proxecto (Galicia, Estremadura, Castela e León e norte de Portugal).

Quen pode participar?

Poderán participar todas as empresas ou persoas traballadoras autónomas con sede no ámbito territorial do proxecto GEMCAT (Galicia, norte de Portugal, Castela e León e Estremadura), independentemente da súa fórmula xurídica e do sector ao que pertenzan.

mapa

Obxectivos

  • Fomentar a RSE a través da mellora dos coñecementos e as experiencias.
  • Motivar as empresas para que afonden na senda da RSE como modelo sustentable.
  • Acercar coñecementos e recursos prácticos en materia de RSE.
  • Aumentar a visibilidade, a difusión e a promoción de experiencias RSE de interese entre as empresas participantes.
  • Crear e propiciar un marco para o intercambio de experiencias, estratexias e sensibilidades, vinculadas á RSE e á sustentabilidade.
  • Identificar sinerxías de proxectos e fomentar o networking.
  • Identificar ideas innovadoras que poden ser facilmente reproducibles.
  • Deseñar proxectos de RSE xeradores de emprego de calidade.