- Este evento pasou.
Webinar 4: “RSE e a igualdade de oportunidades”
Venres, Xaneiro 29, 2021 - 10:00 a.m. / 12:00 p.m.
A cuarta sesión do ciclo de Webinars RSE, “RSE e a igualdade de oportunidades”, terá lugar o venres 29 de xaneiro, de 10:00h a 12:00h.
A implantación da RSE dende un enfoque de igualdade na empresa, non é un proxecto illado senón un itinerario especializado da xestión de expectativas dos grupos de interese en políticas concretas, e amosa o seu potencial como novo valor emerxente dentro das organizacións.
A RSE constitúe, polo tanto, unha oportunidade para que as empresas perciban as novas preocupacions sociais de integración plena da muller e outros colectivos no mercado laboral, e impulsen as súas traxectorias profesionais, sen barreiras visibles ou invisibles, integrando esas expectativas nos seus programas, políticas e procesos de xestión de persoas.
Durante este webinar, trataremos as diferentes ferramentas de xestión da RSE en clave de igualdade, e comentaremos a condición de obligatoriedade de garantir a plena igualdade entre homes e mulleres no eido laboral a raíz da aprobación dos reais decretos en outubro pasado.